27 novos contaxiados elevan os doentes a 128 na Área de Lugo

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, na última actualización de hoxe informou que o número de casos detectados en Lugo e provincia por coronavirus é de 128, 27 máis que onte. Logo da caída que se producía este día pasado, o andazo volveu elevar a porcentaxe de contaminados de xeito severo.

Estas son as cifras de contaxiados nas outras áreas: 438 son da área da Coruña, 231 da de Ourense, 222 da de Pontevedra, 462 da área de Vigo, 302 da de Santiago, e 49 da de Ferrol. O total no noso país ascende a 1.832.

Do total de pacientes positivos, 86 permanecen en UCI, 499 están en unidades de hospitalización e 1.247 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 47 altas de pacientes e 36 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a catro varóns: un deles de 63 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario de Ourense; ademais doutro home de 74 anos ingresado no Hospital de Montecelo; outro de 87 anos que estaba ingresado no Hospital A Rosaleda en Santiago; e outro home, tamén de 87 anos que estaba ingresado en Ferrol. Os catro tiñan patoloxías previas. Mentres, o número de PCR realizadas é de 8.805.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com