Durante a a pasada fin de semana efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio e da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo, no marco do establecido no Real Decreto polo cal se declara o Estado de Alarma, estableceron numerosos dispositivos estáticos e itinerantes nas vías da cidade para comprobar e, no seu caso, impedir que leven a cabo os servizos e actividades suspendidas, así como velar polo cumprimento das limitacións sobre a circulación de persoas e vehículos, levantando 40 actas de Infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, polas que poden ser sancionados con multas de 601 a 30.000 euros.
No transcurso destes dispositivos localizouse circulando un vehículo sobre o que pesaba un mandamento de procura, captura e depósito por embargo, sendo retirado polo servizo de guindastre e Precintado no Depósito Municipal.
Detención por desobediencia e resistencia grave a axentes da autoridade
Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial de Policía de Barrio procederon, sobre as 4,35 horas do día 29 de marzo, á detención dun home que responde as iniciais E.I. L. C, nacido no ano 1997, como presunto autor dun delito de desobediencia e resistencia grave a axentes da autoridade no exercicio das súas funcións.
Os feitos sucederon cando na Sala de Comunicacións do 092, veciños dun edificio de Avenida de Fontiñas, denunciaban que un home alleo ao inmoble collera un extintor contra incendios do edificio e golpeaba violentamente as paredes da escaleira.
A patrulla policial acode de inmediato ao lugar e localiza ao home o cal porta na man o extintor, solicitándolle que explique a súa actitude sen obter resposta coherente, polo que lle requiren a súa identificación momento no que se nega nun primeiro momento e pasados uns segundos de forma sorpresiva arroxa contra a cara dun dos axentes a súa carteira e a gorra que levaba posta, comezando a desvestirse e lanzando as pezas que levaba á cara dos policías.
Que é detido por estes feitos e conducido a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.