O Festival de Música do Corpus celebrarase entre o 22 de maio e o 10 de xuño

O festival, decano dos festivais galegos de música clásica e barroca,  comeza o venres 22 de maio, e presenta un completo programa con actuacións de destacados músicos a nivel internacional ata o 10 de xuño. Un ano máis, os amantes da música, poderán asistir a concertos en diferentes espazos da cidade como son o Círculo das Artes, o Cemiterio Municipal de San Froilán, o Auditorio Gustavo Freire, a Casa do Saber, a Igrexa de Santa María e a Igrexa Santiago A Nova.

Como en anos anteriores, a ampla oferta lírica está garantida pola calidade e prestixio dos cantantes que adornan o cartel do festival, cheo de grandes nomes como os de Ivo Pogorelich, Pascual Martinez Forteza, Borja Quiza, María Espada ou David Grimal.

A entrada, coma sempre no festival, é libre ata completar o aforo do local en todos os concertos.

Venres 22 de maio  – Círculo das Artes – 20:30 h

Real Filharmonía de Galicia

Carlos Domínguez Nieto, director

Pascual Martínez Forteza, clarinete

Debussy, Bautista, Copland e Haydn

Luns 25 de maio – Círculo das Artes – 20:30 h

María Espada, soprano

Orquestra Barroca Vespres d’Arnadí

Arias de Haendel para Anna Maria Strada del Pò

Mércores 27 de maio  –  Casa do Saber da USC –  20:30 h

Samuel Diz, guitarra clásica

50 anos dun regreso: Bal y Gay e Rosita G. Ascot                                                                                                                

Venres 29 de maio – Círculo das Artes –  20:30 h

Ivo Pogorelich, piano

Liszt, Schumann, Brahms e Stravinsky                                                                                   

Sábado 30 de maio  – Cemeterio de San Froilán –  18:00 h

Cuarteto Skirion

Sábado 30 de maio  – Capela de Santa María –  20:30 h

La Bellemont

Plaisir Sacré

Domingo 31 de maio –  Igrexa de Santiago A Nova  – 18:00 h

Grupo Vocal Sólo Voces

Banda Filharmónica de Lugo

Missa Brevis de Jacob de Haan

Luns 1 de xuño – Círculo das Artes –  20:30 h

La Ritirata

Os tríos de corda de Boccherini

Martes 2 de xuño – Círculo das Artes –  20:30 h

Borja Quiza, barítono

Recital: ópera e zarzuela  

Venres 5 de xuño – Auditorio Gustavo Freire –  18:30 h

Corpus dos nenos

O Principiño

Alumnado de grao profesional do Conservatorio de Danza

Versión bailada do clásico O Principiño de Saint-Exupéry.

Mércores 10 de xuño – Círculo das Artes –  20:30 h

David Grimal, violín e dirección

Orquestra Sinfónica Gaos

Beethoven por Grimal

II Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi de Lugo

Esta segunda edición forma parte do ciclo europeo de Música do Peregrino. Os concertos de órgano celebraranse o 5 de xuño ás 20.30 na Catedral de Lugo a cargo de Lindy Rosborg. O seguinte concerto é o 8 de xuño ás 20.30 na Igrexa de Santiago A Nova con Stanislav Surin. Na Igrexa de San Pedro o día 11 de xuño ás 20.30 horas actuará Giulio Mercati no órgano e, finalmente, o 12 de xuño no órgano do Catedral de Lugo ás 20.30 actuará Stefan Kagl.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com