A Subdelegación do Goberno en Lugo atenderá cada caso que se lle expoña dende o campo laboral

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, explicou hoxe que tanto a Delegación, como as catro subdelegacións provinciais e a Avogacía do Estado concretan desde onte a situación das empresas e autónomos galegos tras a ampliación do estado de alarma. Mantén, ademais, a disposición de todos os
medios do Estado para atender os distintos casos expostos.
Tanto o delegado, Javier Losada, como en Lugo, Isabel Rodríguez; e as demais, subdelegacións atenden desde onte numerosas chamadas do ámbito laboral para aclarar as diferentes situacións.
Por iso, o delegado lembra que pon ao servizo do mundo laboral
tamén á Avogacía do Estado para analizar cada caso.
A intención é poder aplicar a normativa “coa máxima transparencia”, defende.
Así, resolverase calquera dúbida que xurda de maneira que as empresas e
os autónomos teñan seguridade para a realización das súas actividades,
nos casos permitidos, e para interrompelas e pasar a situación de permiso
retribuído recuperable nos demais.
Lembrou, ademais, que o Goberno habilitou unha moratoria para a
aplicación desta ampliación do estado de alarma co obxectivo de garantir
a suspensión do traballo naquelas actividades que necesiten
preparación e para evitar un peche abrupto, atendendo ás necesidades
expostas polos profesionais.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Mar 31, 2020 - 07:41 PM

    Pero Lozada? Ou se lles axuda ou se van o caralho. Non sei a que ben tanta nota de prensa, ante unha realidade tan pero tan palpable. (ah! si non entendes como eres Coruño, faimo saber e mandocho traducido)

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com