O Goberno Municipal de Lugo, ven de presentar está mañá o Plan Reanima cun presuposto de cinco millóns de euros. Catro millóns para medidas de axuda ao impulso económico e de protección do emprego e un millón para axuda á conciliación da vida familiar e laboral por situacións derivadas
do COVID 19. O plan está dirixido a empresas, autónomos, traballadores e familias. Estas axudas van dende 1.200 euros para as empresas que tiveran que pechar polo andazo do Coronavirus; para os autónomos 750 euros no caso que os seus ingresos baixen do 75 %. As axudas para vos traballadores irá 120 a 600, segundo ou números de traballadores e se a empresa se acolleu a aun ERTE ou non. Para as familias as axudas serán de 100 a 175 euros segundo ou número de fillos.
Os representantes do concello afirmaron que os trámites serán sinxelos e que haberá que agardar á sa publicación non BOP para poder solicitar ditas axudas.
As persoas que soliciten as axudas deberán estar empadronadas no Concello de Lugo.