A Deputación quere que a Xunta faga test de Covid-19 nos centros de maiores da institución

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, informa de que a Deputación de Lugo enviou este mércores unha carta ás consellerías de Sanidade e de Política Social pedindo á Xunta que realice test de detección do coronavirus Covid-19 nos centros de atención a maiores que a institución provincial xestiona en Trabada, Pol, A Fonsagrada e Ribadeo.
Unhas probas que “se consideran necesarias facer canto antes tanto aos usuarios e usuarias coma ao cadro de persoal para previr o contaxio. Resulta recomendable, necesario e imprescindible para conter o coronavirus nas residencias de maiores”, explica Rivera.
Na misiva, a Deputación explícalle á Xunta que” dende o día 5 de marzo se comezaron a tomar medidas cada vez máis estritas nos centros da súa titularidade, dende a supresión de visitas ata a desinfección tanto exterior como interior dos edificios dous días á semana. Puxemos en
marcha un protocolo con pautas tan restritivas e necesarias como intensas, pero que malia iso, non nos poden asegurar ao 100% que controlamos as fontes de contaxio”, expón o Deputado.
“As persoas que traballan nas residencias teñen un perfil de idades novas, polo que poden ser transmisoras e estar asintomáticas, fronte aos nosos usuarios que son un dos grupos máis vulnerables ante o coronavirus”, subliña Pablo Rivera.
A Deputación amosa a súa vontade de colaboración para a realización dos test poñendo a disposición do Sergas ao persoal sanitario destes centros, se así o consideran, para a recollida de mostras e envío aos laboratorios.
Ademais,  a institución provincial pídelle á Xunta que faga extensible esta petición, pola súa
necesidade sociosanitaria, ao resto de centros de servizos sociais de prestación residencial da provincia, “e non só limitarse a facelo onde xa houbo algún caso, xa que hai que anticiparse aos síntomas e poñer o foco na poboación máis sensible ao contaxio do coronavirus”, engade o Deputado de Promoción Económica e Social.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Abr 01, 2020 - 11:33 PM

    E logo eles non poden, non saben, ou non queren

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com