O Concello de Lugo colabora coa Consellería de Sanidade na abordaxe das necesidades xurdidas pola crise na que está a derivar a propagación do coronavirus.
Así, a institución local vén de cederlle ao Sergas a carpa, xa instalada ao carón das instalacións do Hula, pertencente ao servizo de Protección Civil para que esta sirva como punto de desinfección e limpeza das ambulancias do 061.
A medida obedece ao imperativo de unificar esforzos e coordinar recursos para que, entre tódalas administracións, se poida dar cobertura ás principais prestacións sociosanitarias así como á seguridade e protección da poboación.
Abr 02, 2020 - 10:22 PM
Menos mal, que facedes algo po los ciudan@s. Era hora