O portavoz do
PP na Deputación de Lugo, declarou que “O goberno provincial perdeu unha boa oportunidade de mostrar a súa vontade de colaborar economicamente cos concellos, é dicir, cos veciños, na loita contra esta horrible pandemia”.
“Non foi posible mellorar o Plan Único para este ano porque o goberno provincial (PSOE e BNG) sigue instalado nas desculpas, na inacción e no recurso a responsabilizar do que non fai ás outras Administración”.
Así resume o portavoz popular, Javier Castiñeira, a desestimación das emendas presentadas polo PP na sesión plenaria celebrada esta mañá pola Deputación, por medios telemáticos, na que foi aprobado o Plan Único, para o que só se aceptou unha das propostas populares, que ten por obxectivo que estes recursos se destinen tamén a loitar contra o despoboamento.
“Neste pleno volvemos ao de sempre na Deputación desde que está este goberno; de novo, socialistas e nacionalistas acolléronse á crítica a outras administracións para xustificar que a Deputación non teña posto ata o de agora nin un só euro para paliar as consecuencias da gravísima crise sanitaria provocada polo coronavirus”. O portavoz popular destacou que mentres a Deputación non dedicou recursos a facer fronte a crise, o Concello de Monforte, presidido tamén por José Tomé, si mercou equipos para
protección persoal fronte ao virus”.
Para Castiñeira é incomprensible que o goberno provincial alegue que non pode incrementar en 700.000 euros o importe do Plan Único para que sume 22 millóns, porque, segundo sosteñen socialistas e nacionalistas, suporía vulnerar a regra de gasto. Castiñeira mostrouse convencido de que dita regra será vulnerada este ano como o foi no 2019. Apuntou entre outras cantidades ás que é preciso abonar a Tragsa porque asumiu o persoal e as tarefas que facía Suplusa antes da súa disolución.
A negativa, dixo Castiñeira, a ampliar os prazos que se fixan aos concellos para a tramitación, “vai dificultar moito esta tarefa, especialmente aos máis pequenos, que, se sempre teñen pouco persoal, nesta ocasión aínda terán máis dificultades polas necesarias medidas para evitar contaxios. Complicacións suporán tamén para os concellos os cambios con respecto ao uso das baixas producidas en contratacións e as solicitudes de prórrogas”.
Post Views: 0
Abr 02, 2020 - 08:38 PM
xa está esta xentiña do PP, sigo preguntándome : qué lles dan pa seguir nese partido despois de todo o sabido?