O PP de Lugo propón un plan de choque que beneficiará a 600 negocios

O Partido Popular de Lugo, propón activar unha nova liña de axudas e financiamento para axudar a autónomos e comerciantes xa que “unha vez que pase esta crise sanitaria moitos deles poderían ter dificultades para reabrir o seu negocio”. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide propón estudar a posibilidade de establecer axudas directas a “autónomos e empresas para abrir de novo os seus negocios, pero moi especialmente a emprendedores para, unha vez que todo volva á normalidade, se poidan recuperar locais baleiros tanto no Casco Histórico de Lugo como no resto dos barrios”.

Achegas para o pago do contrato de aluguer ata o 50% do aluguer mensual.

Axudas para a reforma, acondicionamento e mobiliario e exencións de impostos e taxas  municipales: gastos como o de licenza de obras, obras menores, licenza de actividades… non deberían ser un lastre para estos novos emprendedore.

Negociar con entidades bancarias que traballan co concello préstamos con condicións vantaxosas para os emprendedores locais.

Crear un servizo de asesoramento para o emprendedor (con persoal do CEI Nodus, e doutras áreas municipais así como expretos alleos á administración). 

Posta en marcha dunha bolsa de mentores e profesionais de diversos ámbitos (comercio, hostalería, industria, mecánica, economía, finanzas, avogados………) que asesoren de xeito profesional en diversas materias ao emprendedor. Esta bolsa pode ser de voluntarios ou subcontratar profesionais…
Axudas para a dixitalización dos negocios investimento en publicidade, posicionamento en web, RRSS e comercio.

Os populares suxiren que o goberno local habilite unha partida de 3M€ e matiza que se poderían ofrecer achegas a fondo perdido de 5000 euros por proxecto co que se podería axudar a 600 emprendedores e plantexa que en casos especiais as axudas poderían ascender aos 15.000 euros en función dos postos de traballo xerados, innovación …. É preciso que unha parte destes 3 millóns se reserve unha parte para rescate de negocios e mantemento dos empregos que se poden destruir.

 Nese senso tamén solicita que se potencie, con reunións periódicas da Mesa Local de Comercio para que funcione como unha canle eficaz de intercambio de información e propostas cos representantes do comercio, coa CEL, autónomos, hostalaría …Engadiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com