Isabel Rodríguez pediulle aos cidadáns que a Semana Santa non sexa escusa para saltar a normativa do estado de alarma e advertiu de que nestes días se están a intensificar os controis para evitar viaxes que non teñan unha causa xustificada. Neste sentido, lembrou que a gravidade dese comportamento e a vulneración do Real Decreto de Estado de Alarma Sanitaria supón sancións que oscilan entre 601 e 30.001 euros.
Rodríguez informou de que durante a fin de semana as forzas de seguridade do Estado detiveron 3 persoas na provincia de Lugo e puxeron 477 denuncias por incumprir a normativa do estado de alarma. En todo caso, a subdelegada destacou a madurez e o comportamento exemplar que está a demostrar maioritariamente a sociedade lucense, cando entramos na cuarta semana do estado de alarma.
Tamén agradeceu a subdelegada o trascendental traballo que están a desenvolver as forzas de seguridade, que durante os próximos días reforzarán a vixilancia para evitar a propagación do virus e axudar así á protección das persoas máis vulnerables e de todos os profesionais que están máis expostos a esta pandemia, como son o persoal sanitario, as propias forzas de seguridade ou os traballadores de servizos esenciais como o alimentario ou o de transportes.