A Praza e o Mercado Municipal abrirán o xoves e o sábado de Semana Santa

A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza,  indicou que a Praza de Abastos e o Mercado Municipal permanecerán abertos durante o xoves e o sábado da Semana Santa no seu horario habitual. Cristina López destacou “a posibilidade de adquirir produtos de calidade e a atención personalizada que se pode atopar nas nosas prazas e mercados”.

Cristina López lembrou que para realizar un pedido, as persoas interesadas deberán chamar, de 08:30 a 14:00 aos distintos postos da praza, onde se lles informará sobre a dispoñibilidade de cada produto. Unha vez se realicen todos os pedidos, organizarase o reparto e o cobro da mercadoría a domicilio. O servizo de pre-encarga permite facer as recollidas con máis axilidade á xente que prefira acudir ao Mercado e á Praza.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com