O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, pediu a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que aclare o antes posible “se quere ou non” o material de protección contra o coronavirus remitido pola administración autonómica ao Concello de Lugo xa que, de rexeitalo “hai outros concellos interesados no seu uso”
Balseiro lembra que todo o material remitido cumpre coa lexislación vixente e pode empregarse en condicións de seguridade, incluso algunha das mascarillas FFPP-2 enviadas, que tiñan superada súa vida útil recomendada, xa que o propio Ministerio de Sanidade avala a posibilidade de utilizalas tras corroborar o seu bo estado cunha inspección visual, como así se fixo.
Concretamente, así está recollido no documento “Procedemento de actuación para os servizos de prevención de riscos laborais fronte á exposición ao SARS-COV-2”, versión de 30 de marzo de 2020, coordinado pola Subdirección xeral de Sanidade Ambiental e Saúde Laboral, da Dirección xeral de Saude Pública, Calidade e Innovación do Ministerio de Sanidade.
Con todo, en caso de renuncia, a Xunta non suspenderá a subministración deste material de protección ao Concello de Lugo, “por responsabilidade” xa que considera que ante as dificultades de atopar estes equipos, o apoio da Xunta é esencial para a mellor protección do persoal que presenta servizos básicos municipais. De feito, hoxe mesmo o Concello de Lugo
Abr 09, 2020 - 09:06 PM
Sr. Balseiro
E como non lle manda unha carta o Alcalde de Abadín para que informe como se distribue ese material
Vostede por o contrario a un perfil de Facebook que trata de Abadín bloqueao e borralle os, seus comentarios
Abr 08, 2020 - 05:05 PM
Baleiro? Ecerto co material está caducado. Home si e así, sabedes que non é u ha cousa ben feita, que non se lle ocurre o queixo e a manteca. Pero en fin xa o aclararas
Abr 08, 2020 - 03:24 PM
Qué non ¡carallo! cómo o hai que decir?. Non queren material caducado.