O que comezou como un xogo, converteuse nun feito. O dj vilalbés Marcos Peón “retaba” no seu Facebook aos seus amigos a que se a súa publicación chegaba a 400 gústasme, el faría unha sesión en streaming lembrando os grandes éxitos da discoteca Troco de Vilalba.
Pois isto vai ser unha realidade pois so fixeron falta,”unhas poucas horas para que se superasen eses likes e chegasen a máis de 600”.
A cita, por streaming, será este próximo sábado día 11, a partir das 22:30 horas , no perfil de Marcos Peón e para todos os públicos. Na sesión soarán moitos dos éxitos cos que Peón fixo bailar ao público que acudía a esta discoteca.
Marcos Peón, que leva 25 anos como deejay, percorreu gran parte da xeografía española coas súas enérxicas sesións e tivo a oportunidade de facer sesións en países como: México, Suíza, Portugal, Francia ou Romanía.
Abr 10, 2020 - 03:20 PM
outra chorrada mais de un inquieto confinado
Abr 11, 2020 - 06:17 PM
https://www.youtube.com/watch?v=EzDdheW4GV4