A provincia de Lugo sigue arroxando uns datos que fan ter fundadas esperanzas de que o andazo empeza a estar baixo control. E, aínda que as cifras que coñecemos hoxe, podan indicarnos que volvemos cara atras, logo de dous días sen novos casos, pode que os datos que coñecemos cada día, non estean a reflectir toda a realidade, xa que durante os festivos e fins de semana, por mor de que os datos non se comunican a tempo, non se chegan a contabilizar ben e logo os adatos reais aparecen entre o luns e o martes.
Segundo Consellería de Sanidade da Xunta,na Área de Lugo, nas últimas 24 horas só se contabilizaron 8 novos casos de contaxio, en Galicia o número de casos de coronavirus ascende a 5.631, deles 1.151 son da área da Coruña, 571 da de Lugo, 1.082 da de Ourense, 469 da de Pontevedra, 1.074 da área de Vigo, 963 da de Santiago, e 321 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 149 permanecen en UCI, 766 están en unidades de hospitalización e 4.716 no domicilio. Polo de agora, en no noso país rexistráronse 997 altas de pacientes e 318 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 39.432.