A provincia de Lugo ten hoxe 591 casos activos de Covid-19, un menos que onte. Todo parece indicar que o número de contaxios estase ralentizando, aínda que isto non quere dicir que non haxa que seguir cumprindo coas medidas implementadas polo goberno. Os próximos días serán de vital importancia para ver a evolución do andazo, xa que se volve a actividade dos sectores que se pararon hai unha semana.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.833, deles 1.228 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.154 da de Ourense, 482 da de Pontevedra, 1.078 da área de Vigo, 973 da de Santiago, e 327 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 140 permanecen en UCI, 742 están en unidades de hospitalización e 5.011 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.143 altas de pacientes e 360 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 43.99