O Concello de Lugo fará unha homenaxe a Xoán Montes polo 180 aniversario do seu nacemento

O Goberno Municipal homenaxeará a Xoán Montes este luns, 13 de abril, coincidindo co 180 aniversario do seu nacemento.

Montes ademais de ser, xunto co Bal y Gay, un dos grandes músicos lucenses e galegos foi o fundador da Banda Municipal e deixou unha grande obra musical, con influencia da música popular galega, en moitas das súas partituras.

Durante todo o día, as redes sociais do concello, compartirán cada media hora versións do poema de Rosalía Negra Sombra, ao que Xoán Montes deu son no ano 1892.

Asemade a Área de Cultura, informa que avanza no traslado do busto de Xoán Montes á Praza Maior.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com