Comunicado de Galicia Baleira

Galicia Baleira (Colectivo formado polas Federacións de AA. De Veciños de Lugo e Ourense, con máis de 400 Asociacións de Veciños) ante a Pandemia que estamos a soportar, vese na obrigación de saír a defender e reivindicar cambios moi substanciais nos servizos á cidadanía, de forma moi especial no referente ao medio rural. Por desgraza temos miles de persoas confinadas en aldeas das provincias de Lugo e Ourense (algo que denunciaba hai poucos días, noutro punto da xeografía galega, un destacado alcalde, que dicía que estaba confinado nunha parroquia do seu municipio sen unha conexión adecuada a Internet).

Isto é algo xeneralizado na provincia de Ourense e en amplísimas zonas da provincia de Lugo (hai poucos días circulabamos como membros de Galicia Baleira de Ourense a Lugo e en todo o traxecto, o corte das comunicacións era constante pola cantidade de zonas escuras), véxase como exemplo outras zonas da provincia de Lugo, como: Terra Cha, Mondoñedo, zona sur da provincia e montaña lucense, onde non hai cobertura ou esta é tan mala que non pode ser utilizada; sendo en moitos casos moi deficiente tamén a cobertura telefónica, co cal o illamento é total se temos en conta que o uso desmesurado que se fai das redes en todo o país actualmente chega a saturar o ancho de banda dispoñible. Todo isto provoca, que os cidadáns nesta situación, non poidan contactar coas provedores de servizos requiridos para a xestión das súas explotacións agrícolas e gandeiras, Concellos, Deputacións e outro entes, non poden ofertar Tele-traballo aos funcionarios que viven en zonas rurais ou illadas do medio urbano, non é posible facer uso do Ensino On- line que está a ofertar a través do programa Abalar, Cantos alumnos do medio rural poden facer uso del, e por tanto onde foron a parar eses mil ordenadores que anuncia o Goberno Galego comprar?

Isto parécenos algo meramente publicitario e ilóxico, xa que en Galicia con miles de alumnos matriculados en ESO, Bacharelato e Formación Profesional, parece ser que só chegasen 3 computadores por centro e o resto de alumnos que?

Á parte hai arredor de 200.000 alumnos de Infantil e primaria que non recibirán ningún equipamento e só poden facer uso dos a programación previa que os profesores lles han disposto antes do peche de colexios pola Pandemia e con comunicación telefónica pais-alumnos-profesores moi deficientes. Son difíciles por tanto as comunicacións mesmo cos servizos de emerxencia 061 ou 112 e mesmo coa Garda Civil.

Á vista diso reclamamos da Xunta de Galicia que dunha vez por todas, esixa a AMTEGA, a posta en servizo de acordo con todos os provedores de redes e telefonía para que teñamos unha rede que como mínimo nos ofreza sobre calquera punto da xeografía galega unha cobertura de 50 Mbps para Internet e cobertura telefónica de máximos. Para iso, debe deixarse de entreter e estar a negociar cun só servidor, contactando con todos e esixindo como dicimos cobertura total, non en función do seu interese económico. Á vista está, que isto é imprescindible e non caben máis dilacións inxustificadas.

Comisión Executiva Plataforma Galicia Baleira

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com