PP e Ciudadanos propoñen modificar o plan Reanima Lugo

O Partido Popular solicita un cambio das bases do Reanima Lugo para facilitar que os autónomos e pequenas empresas afectadas polo último decreto do goberno, que lles impide facer traballos en edificios habitados, poidan acceder a liña das axudas deste programa municipal dotadas con 1.200 €. Na actualidade este colectivo só pode aspirar a conseguir axudas de 750 € e condicionadas a que xustifiquen perdas nos ingresos dun 70%.

Os populares solicitan as máximas axudas directas para este colectivo que “non gaña senon traballa” matizando “algo, a todas luces complicado logo do decreto de onte do gobernó” e por eso reclaman “que se modifiquen as bases de xeito inmediato para dar oportunidades a este colectivo”. Tamén amosaro a “súa preocupación diante do feito de que as axudas anunciadas polo concello de Lugo, ao amparo do programa Reanima Lugo, exclúan ás asociacións sen ánimo de lucro”.

Ciudadanos

Cs pola súa banda, considera que o Goberno local debe realizar un esforzo aínda maior para poder axudar de forma efectiva ao conxunto da sociedade lucense ante o reto económico e social que supón a pandemia de Covid-19. “Consideramos que é o momento de estar ao lado dos autónomos, dos traballadores así como dos sector máis desfavorecidos. Ao longo dos próximos meses enfrontarémonos como cidade a momentos moi complicados desde o punto de vista económico e o Concello ten que articular mecanismos para amortiguar o golpe a nivel social», asegurou a portavoz da formación laranxa. Por iso anunciamos que apoiaremos as medidas propostas polo Goberno local e comunicadas hoxe na Xunta de portavoces, pero consideramos que non deben ser a únicas iniciativas que se deben tomar”, proseguiu.

Louzao considera que o Goberno local deben fortalecer e ampliar as “axudas ao aluguer, axuda a todas as familias que se atopen nunha situación límite ao longo dos próximos meses. Nestes momentos o Concello non conta cunha previsión presupostaria acorde ao momento de crise que vivimos e pediremos que se consigne máis diñeiro”, sinalou.

Ademais suscitamos ao Goberno local que considere a posibilidade de introducir dentro destas axudas unha liña específica para achegas ao aluguer de locais comerciais e de lecer como medida de apoio ao comercio local de Lugo. O Concello non pode quedarse á marxe da crise que se aveciña, pola contra podemos estar asistindo ao golpe definitivo para o noso pequeno comercio», afirmou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com