Segue baixando o número de infectados en Lugo

Un día máis o número de infectados Baixa en Lugo, se onte eran 590 os infectados, hoxe a cifra  pasa a 589, pódese dicir  que é  mínima, case imperceptible a baixada, pero as cifras ofrecen un dato fundametal: o confinamento está a producir os efectos agardados.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.019, deles 1.280 son da área da Coruña, 589 da de Lugo, 1.193 da de Ourense, 505 da de Pontevedra, 1.085 da área de Vigo, 1.029 da de Santiago, e 338 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 128 permanecen en UCI, 746 están en unidades de hospitalización e 5.145 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.298 altas de pacientes e 391 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 50.396.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com