Tres novos casos de Covid-19 en Lugo volve elevar a cifra en 592

Na  Área Sanitaria de Lugo,que engloba aos hospitais de: Lugo, Monforte e Burela, elevouse o número de infectados en tres novos casos que da un resultado de 592 infectados polo Covid-19, é aínda que volve subir a cifra logo de tres días seguidos de baixada ,esta pequena subida, non quere dicir, ncesariamente, que iste dato reflicta un paso atrás. Durante os próximos días as cifras iranse modificando uns días á baixa e outros subirán, pero se seguimos cumprindo as indicacións das autoridades sanitarias, de seguro os contaxios irán pouco a pouco tendendo a cero.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.085, deles 1.332 son da área da Coruña, 592 da de Lugo, 1.203 da de Ourense, 501 da de Pontevedra, 1.089 da área de Vigo, 1.025 da de Santiago, e 343 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 123 permanecen en UCI, 678 están en unidades de hospitalización e 5.284 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.383 altas de pacientes e 405 falecementos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com