Ribeira Sacra Breogán apelou o pasado venres ao espírito de loita e viuse recompensado cunha grada totalmente entregada no Pazo, e que foi clave para a vitoria por 88-86 dos celestes fronte ao Palencia.
Escoitamos ao adestrador lucense Lisardo Gómez:
O partido tivo tódolos ingredientes para converterse nunha desas citas que non se esquecen: igualdade, tensión, remontadas,canastras sobre a bucina, e mesmo un final de infarto.
Pola súa banda, Club Deportivo Lugo empatou a un na súa visita ao Tenerife. Os lucenses son décimo cuartos con corenta e seis puntos. Avantaxan en dez puntos os postos de descenso, e atópanse a sete puntos da sexta posición.