CCOO esixe á Consellería de Sanidade, que realice as probas do COVID-19 ao mundo laboral

Tras o levantamento do decreto de hibernación,  “estase expoñendo a riscos graves e inminentes ao conxunto de traballadores e traballadoras de sectores esenciais tales como: funerarias, seguridade privada , limpeza hospitalaria, axuda a domicilio e recollida de residuos”.
Para CCOO é vital que “se realicen as probas a tódolos traballadores e traballadoras, sen discriminar ninguna categoría profesional e sen exceptuar ningún caso (sintomático ou non) para actuar de modo preventivo e non por en risco a saúde dos profesionais amais de tratar de conter e erradicar a pandemia”.

O mundo laboral “xa se viu suficientemente afectado por esta pandemia (reducións de xornada e salario, ERTEs, despedimentos…), polo que desde CCOO non imos permitir que tamén teñan que pagar coa súa saúde e por en risco”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com