O escritor chileno Luís Sepúlveda morreu no estado español o xoves 16 de abril, por coronavirus, segundo confirmou a súa familia. Sepúlveda, quen fora diagnosticado coa infección a finais de febreiro, estaba internado no Hospital Universitario Central de Asturias.
O escritor de 70 anos comezou a mostrar os síntomas o pasado 25 de febreiro, despois de regresar dun festival literario celebrado no Porto, unha cidade do norte de Portugal, Dende hai varios anos estaba radicado, xunto á súa familia, en Asturias. Lamentamos moito esta noticia. Sepúlveda foi un importante escritor pero tamén foi un militante de causas xustas. Entre elas a loita revolucionaria para terminar coa ditadura de Somoza en Nicaragua. Tivemos a honra de que Sepúlveda participase na revolución nicaragüenca xunto á Brigada Simón Bolívar, que impulsou a nosa corrente socialista. Foi unha brigada de combatentes latinoamericanos que se impulsou desde Bogotá, baixo a iniciativa do dirixente arxentino Nahuel Moreno, exilado entón, e do PST (Partido Socialista dos Traballadores) de Colombia, que encabezaba unha campaña internacional sistemática de apoio á loita contra a ditadura de Somoza e de solidariedade co FSLN para que triunfase e encabezase un goberno propio, sen burgueses.
Exmilitante comunista, Sepúlveda viuse obrigado a abandonar o seu Chile natal en 1977, tras ser perseguido polo réxime ditatorial de Augusto Pinochet.
Sepúlveda, deuse a coñecer internacionalmente en 1988 coa publicación de “Un vello que lía novelas de amor”. A esa exitosa novela seguiron outras como “Mundo do fin do mundo”, “Nome de toureiro”, “Patagonia Express”, “Historia dunha gaivota e do gato que a ensinou a voar”, ou “A rosa de Atacama” ou “Fin de século”. Recibiu premios como o de poesía “Gabriela Mistral,1976; o “Rómulo Gallegos” (1978), o premio de narrativa; “Superflaina” en 1993 ou o Premio Ovidio concedido en 1998 en Italia por “A última fronteira” . Xustamente na novela “Nome de Toureiro”, un dos protagonistas é un exilado chileno, Juan Belmonte. Que sería o que ten nome de toureiro. Na trama de ficción Belmonte conta que participou na Brigada Simón Bolívar e que foi reprimido polo goberno sandinista. Nesa trama mestúranse personaxes da sinistra Stassi, policía da antiga Alemaña Oriental, coa policía de Pinochet e a caída do Muro de Berlín.
Nunha revista española, Sepúlveda, lembraba á brigada o día do triunfo da revolución: “En xullo de 1979, exactamente o 19 de xullo dese ano á tardiña atopábame sentado na escalinata que conduce á catedral de Managua. Os sandinistas derrotaran ao ditador Anastasio Somoza e eu estaba aí entre os sobrevivientes da última Brigada Internacional, a Simón Bolívar, e compartía entre vinte ou máis, unha petaquiña de ron nica, e uns cigarros atroces que facían os indios misquitos. Había alegría, máis non euforia, pois todas as guerras avanzan e duran máis do que un pensaba. A maioría dos combatentes eran moi novos, celebraban a esperanza e o que farían do seu país no medio da máis limpa e pura utopía, era alleos á guerra fría ou aos plans que xa se tecían en Washington. Neses momentos uno só pensa nos seus mortos e a intres resúltalle inxusto sobrevivir”
Miguel Sorans.
Integrante da Coordinadora da Brigada Simón Bolívar e actual dirixente de Esquerda Socialista, de Arxentina, e da UIT- CI.