Tres novos casos de contaxio polo Covid-19, eleva o total a 594 en Lugo e provincia. Isto tradúcese en que, de momento, o andazo segue controlado. Ademais é de destacar que nas UCI , que son o grande problema das pandemias , por ser o primeiro servizo que se colapsa, só hai oito doentes, seis no Hula e dous no Hospital da Mariña. A maioría dos contaxiados permanecen nos seus fogares.
A Dirección Xeral de Saúde Pública dada Xunta de Galicia, informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.147, deles 1.382 son da área da Coruña, 594 da de Lugo, 1.200 da de Ourense, 507 da de Pontevedra, 1.089 da área de Vigo, 1.030 da de Santiago, e 345 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 115 permanecen en UCI, 598 están en unidades de hospitalización e 5.434 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.507 altas de pacientes e 430 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 60.258.