Os datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, informa que nas últimas 24 horas só houbo un novo contaxio en Lugo.
A nivel de Galicia na última actualización, o número de casos activos de coronavirus ascende a 6.205, deles 1.392 son da área da Coruña, 595 da de Lugo, 1.233 da de Ourense, 507 da de Pontevedra, 1.104 da área de Vigo, 1.034 da de Santiago, e 340 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 112 permanecen en UCI, 596 están en unidades de hospitalización e 5.497 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.536 altas de pacientes e 444 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 63.715.