Luz Pozo Garza nacera en Ribadeo 21 de xullo de 1922 e o seu pasamento produciuse hoxe na Coruña. Tiña 97 anos e unha vida dedicada á literatura. En paz estea.
Integrante da xeración dos cincuenta era un referente no panorama literario galego.
Deixa unha obra poética luminosa, existencialista e delicada. Ese xeito de escribir, converteuna nunha das voces máis importantes da literatura galega de todos os tempos.
Era membro da Real Academia Galega e foi catedrática de Ensino Medio e Directora da revista Nordés. Publicou os poemarios: O paxaro na boca(1952), Últimas palabras-Verbas derradeiras (1975), Concerto de outono (1981), Códice Calixtino (1986), Prometo a flor de loto (1992), Vida secreta de Rosalía (1996). Tamén destacou como ensaísta: A bordo de Barco sin luces, Galicia ferida (A visión de Luís Seoane) (1994), Álvaro Cunqueiro e ‘Herba de aquí e acolá’ (1991), ademais de artigos nas revistas Nordés, Griale e Clave Orion
Foto: Concello de Ribadeo.
Abr 20, 2020 - 10:36 PM
Que guapa con 97 anos!!!!!