Dez novos casos por Covid-19 en Lugo

Nas últimas vinte e catro horas houbo un pequeno repunte de dez casos en Lugo e provincia, isto pode deberse a que os luns e martes é onde se producen os axustes da fin de semana. En todo caso o control do andazo segue sendo importante, tamén en Galiza, onde segundo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.296, deles 1.408 son da área da Coruña, 605 da de Lugo, 1.243 da de Ourense, 508 da de Pontevedra, 1.142 da área de Vigo, 1.046 da de Santiago, e 344 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 108 permanecen en UCI, 601 están en unidades de hospitalización e 5.587 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.548 altas de pacientes e 455 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 67.639.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com