Durante a pasada noite, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, estableceron varios controis dentro do centro urbano para comprobar o cumprimento das limitacións de circulación impostas polo Real Decreto polo que se declara o Estado de Alarma, levantándose OITO actas de infracción ao detectar vehículos ocupados por dous, tres e ata catro persoas sen causa xustificada. Nun destes dispositivos unha condutora alegou que viña de ver a unha amiga e regresaba ao seu domicilio na localidade de Rábade.
Asemade os axentes detectan, sobre as 0:20 horas, a un menor camiñando pola Rolda do Carmen sen causa xustificada, polo que foi trasladado ao seu domicilio quedando a cargo da súa nai, levantándose a correspondente acta de infracción.
Nos devanditos controis detectouse un vehículo que era ocupado por catro persoas, que circulaba incumprindo as medidas de confinamento, sendo o condutor sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,58 mg/ l, abríndose un expediente sancionador que comporta multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.