A consellería de Cultura distribúe en 14 hospitais públicos un total de 4000 libros. A través desta iniciativa o Goberno autonómico pretende visibilizar o importante papel que a industria do libro galego desempeña dentro da sociedade, recoñecer o papel dos autores e fornecer dunha opción de lecer cultural, relaxación e entretemento tanto aos alumnos das devanditas aulas e as unidades de pediatría, como a aqueles pacientes que pola súa enfermidade estean en disposición e desexen ler, os seus acompañantes e persoal do SERGAS.
Pola súa banda, o Concello de Lugo, durante todo o día, as redes sociais da área de Cultura recopilarán as frases que as veciñas e veciños de Lugo creen cos lombos dos seus libros preferidos e compartan nas redes sociais coa etiqueta #ContosDeLibros.