Elévanse de xeito exponencial os accidentes de tráfico na cidade con resultado de alcoholemia

A Policía Local de Lugo vén de realizar unha comparativa de accidentes de tráfico acontecidos na cidade dende o inicio da pandemia, con relación ao mesmo período do ano anterior. O estudo reflicte que, desde o 14 de marzo, inicio do Estado de Alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e ata o 23 de abril, a Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo interveu en 10 accidentes de circulación no centro urbano.
Así, do 14 ao 31 de marzo interveuse en CINCO accidentes e en catro deles practicáronse probas de alcoholemia aos condutores con resultado POSITIVO.

En dous sinistros instruíronse dilixencias para o Xulgado de Garda por delito contra a
seguridade viaria, ao arroxar un resultado superior a 0,65 mg/l e nos outros dous procedeuse á apertura de expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
En canto ao mes en curso, desde o 1 ao 23 de abril interveuse en CINCO accidentes de
circulación, sen alcoholemias positivas.
Porén, no mesmo período do ano 2019, a Unidade de Atestados interveu en 66 accidentes de circulación no centro urbano. Destes sinistros, en oito os condutores arroxaron un resultado POSITIVO nas probas de detección alcohólica ás que foron sometidos e catro dos 66 accidentes foron atropelos a peóns.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com