Vinte novos casos por Covid-19 na Área de Lugo

Seguen aparecendo novos casos de Covid-19 en Lugo e provincia, se onte a subida era de 13 casos, nas últimas 24 horas os novos contaxios descubertos ascenden a vinte o que arroxa un total de 647 casos activos.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.704, deles 1.584 son da área da Coruña, 647 da de Lugo, 1.302 da de Ourense, 550 da de Pontevedra, 1.169 da área de Vigo, 1.065 da de Santiago, e 387 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 87 permanecen en UCI, 531 están en unidades de hospitalización e 6.086 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.730 altas de pacientes e 498 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 78.822.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com