O Banco de Alimentos de Lugo, ven de recibir da Consellería do Medio Rural un total de 100 toneladas de patacas, que esta remata de mercar, co fin de que esta institución poida repartir dito produto alimentario entre ás familias que o demanden nas sedes de Cáritas de todo o estado.
Segundo información transmitida polo Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, ao Delegado Territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. Nunha reunión que mantiveron esta mañá, por medio de videoconferencia, os dous cargos da Xunta de Galicia. Ademais o director xeral agradeceu a colaboración dun produtor da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal), que cedeu outras 30 toneladas para esta causa.
A Consellería mercou este produto a través da nova canle de comercialización Mercaproximidade, esta canle, botou andar o pasado 15 de abril, tendo a día de hoxe máis de 100 produtores interesados en adherirse a esta fórmula de venda, co fin de apoiar o sector primario galego nesta situación de emerxencia sanitaria debido ao Covid-19. Deste xeito, o Goberno galego dalle saída aos excedentes dos pequenos agricultores e gandeiros galegos, e así minimizar a perda de ingresos que poidan ter estes produtores debido ao peche das súas canles habituais de comercialización por mor do andazo.
Esta actuación excepcional de compra de mercadurias, foi impulsada pola Xunta para poder adquirir produtos agroalimentarios a produtores que están tendo problemas para dar saída aos mesmos, polo peche provocado pola pandemia, na hostalaría, na restauración e nos mercados tradicionais e de proximidade.