Morre un home ao envorcar a máquina que manexaba en A Fonsagrada

Un operario faleceu este mediodía no Concello de A Fonsagrada. Ata o lugar acudiron decontado os servizos sanitarios de urxencia pero nada puideron facer máis que confirmar o falecemento da persoa.

Todo sucedeu sobre as 12:30 horas deste sábado cando o operario realizaba  o seu traballo na canteira de Vilarchao, en Lamas de Campos. No momento de producirse o accidente, o home manexaba unha máquina de grandes dimensións, do tipo dunha retroescavadora, que tras envorcar, deixou ao traballador atrapado baixo a máquina no interior dun pozo.

A situación presentouse moi complexa para liberar ao falecido, debido ao estado do terreo onde ocorreron os feitos.

Foi unha persoa particular quen chamou ao 112 Galicia para pedir axuda e, a partir de aí, púxose en marcha un dispositivo formado polos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Sarria, Garda Civil e efectivos de Protección Civil da localidade, que tamén acudiron axiña ao punto.

Así mesmo, formou parte deste operativo o persoal da empresa para a que traballaba o home.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com