A Xunta leva entregadas ao Concello de Lugo 46.400 unidades de protección contra o COVID-19 e A Deputación ás súas residencias 11.500

A Xunta de Galicia informa que  a partir de hoxe entrega  material de protección contra o COVID-19 ao concello de Lugo. Con esta nova achega, elévanse a máis de 46.000 as unidades de protección subministradas ao municipio da capital dende o comezo da crise sanitaria, entre elas 28.000 guantes, 17.500 máscaras cirúrxicas e 575 máscaras FFP2″.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que nesta ocasión “remítense ao concello 7.200 unidades: 3.500 guantes, 3.500 máscaras cirúrxicas, 115 máscaras FFP2, 58 traxes, 30 pantallas faciais e 30 batas”.

Estes elementos están destinados especialmente para uso do persoal municipal que continúa prestando servizos básicos, como os traballadores sociais, Policía Local ou transporte público, entre outros.

Tamén a Deputación de Lugo por boca do seu presidente José Tomé, informa de que este martes se desenvolveu, a través do persoal do Parque Móbil, “un novo reparto de material de protección fonte ao Covid-19 nos catro centros de atención a maiores de titularidade provincial. Entregáronse 11.500 unidades, que se repartiron de maneira proporcional seguindo os informes técnicos do servizo de Benestar Social nas residencias de Trabada, Pol, A Fonsagrada e Ribadeo “aos usuarios e usuarias das residencias e para o conxunto do cadro de persoal que traballa nelas. Por centros, cada un deles recibiu 1.000 mascarillas cirúrxicas, 300 mascarillas FFP2, 60 mascarillas FFP3, 900 calzas, 600 gorros e 2 xeles hidroalcólicos de 1 litro”.

Con esta nova remesa de material queremos que tanto os profesionais que coidan dos nosos maiores, como os propios maiores estean protexidos e poidan afrontar esta situación correndo o mínimo risco posible”, explica o Presidente.

Este é o cuarto envío de material de protección que a Deputación de Lugo realiza aos centros de atención a maiores da súa titularidade durante o estado de alarma. Materiais que complementaron aos que xa se entregaran con anterioridade,

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Mari Dominguez
    Abr 30, 2020 - 04:09 PM

    Sin tempo non era.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com