O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañado por Miki Sánchez, adestrador de boxeo, e o boxeador Alberto Piñeiro, presentaron unha nova velada de boxeo Galicia Terra de Loitadores, que terá lugar este venres 8 de maio, na Casa do Deporte en Frigsa.
A partir das once da noite, celebraranse 6 combates diferentes nos que participarán tanto boxeadores amateur como profesionais, e nos que o lucense Alberto Piñeiro competirá contra o boxeador profesional Fran González, que ten as súas costas máis de 27 combates profesionais, e nos que loitou contra campións europeos e españois.
O cartel desta velada de boxeo estará composto ademais por Omar Shackur, Christian Álvarez, Adrian Miraz, e Diego Couceiro.