A Deputación inviste máis de 270.000€ na ampliación e mellora da estrada provincial de Xove ao Portiño de Morás

O Presidente da Deputación, José Tomé informou de que acaban de comezar os traballos de mellora do firme da estrada provincial LU-P- 2601, no concello de Xove. Unha actuación na que a institución provincial inviste máis dem 270.000€. Os traballos arrancaron esta semana e realízanse nesta vía que conecta o núcleo da vila co Portiño de Morás, entre os quilómetros 0,4 e 2,85. Consisten na ampliación da plataforma, drenaxe e pavimentación da calzada con aglomerado en quente.

A vía que se vai acondicionar conecta o núcleo desta localidade mariñá co Portiño de Morás. As actuacións afectan a case 3 quilómetros da estrada, dende o punto quilométrico 0,4 ata o 2,85. “Son uns traballos laboriosos porque se vai ampliar o ancho da plataforma, o que permitirá ter dous carrís de 2,75 metros cada un.

Estes traballos teñen un prazo de execución estimado de 6 meses, pero agárdase que poidan quedar rematados despois dos meses do verán, sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan. Explicou Tomé e engadiu qu,e “con estas obras materializamos un dos principais obxectivos da Deputación, como é mellorar as comunicacións viarias, que son necesarias para verdadeiramente garantir a igualdade de oportunidades entre toda a veciñanza da provincia de Lugo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com