Un incendio declarado esta tarde na cociña dunha casa en Sarria deixou danos na estancia da vivenda, sen que se rexistrasen danos persoais. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, ardeu a campá extractora e varios mobles da cociña. Ademais, o resto da vivenda rematou totalmente afectada polo fume.
Ocorreu no lugar de Vilerma, na parroquia de Maside, ao fio das 15:00 horas. Nese momento, unha persoa particular alertaba do incendio ao 112 Galicia.
Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Sarria, á Garda Civil, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as labores de extinción do lume finalizaron ás 16:20 horas.