Comezou o pintado das zonas de xogo na rúa do proxecto Tecendo Brincadeiras, que realiza a área de Mobilidade e
Infraestruturas coa colaboración do gabinete de psicoloxía e terapia familiar de Natalia García. Segundo declarou Rubén Arroxo, “as zonas de xogo están pensadas para avanzar co paseo, e non para deterse nelas”.
Ademais, Rubén Arroxo afirmou que “os xogos pintaranse, seguindo o sentido do paseo, nas beirarrúas do lado dereito, recordando a recomendación de camiñar por este lado para asegurar o distanciamento social”.
Baixo o nome de Tecendo Brincadeiras, a área de Mobilidade e Infraestruturas xunto co gabinete de psicoloxía e terapia familiar de Natalia García propoñen achegar espazos interactivos que permitan ás nenas e nenos desfrutar das saídas á rúa creando espazos lúdicos que permitan xogar en igualdade e sacar o máximo rendemento dos paseos no
exterior. Tecendo Brincadeiras pretende favorecer que as nenas e nenos atopen espazos lúdicos nos que xogar e desfrutar ao mesmo que se evaden por un tempo dunha difícil realidade.
Mai 01, 2020 - 02:33 PM
Na zona sur, onde os ides a poñer exactamente. Refirome ao entorno de Montiron, Av de Madrid, Augas Férreas, Pza do Rei, vaia os arredores do Colexio Público das Mercedes?