Con motivo da relaxación dalgunhas das medidas do confinamento, anunciadas onte polo Goberno central, dende a área de Medio Ambiente do Concello de Lugo, trasládase á poboación que os parques e zonas verdes da cidade permanecen abertos para o seu uso.
Se ben, as áreas de xogo infantís e biosaudables deben continuar pechadas ao público, para evitar a propagación do coronavirus a través do contacto co mobiliario urbano, no caso dos espazos axardinados da capital estes están a disposición dos veciños/as para que poidan aproveitalos como lugar para a práctica deportiva e o lecer.
Dende Medio Ambiente sinalan que o acceso aos mesmos sempre estivo permitido e as instalacións abertas, e cun mantemento permanente para que, aquelas persoas que por razóns clínicas tiñan autorizada a súa saída á rúa, puidesen empregalas ao igual que as e os propietarios de mascotas, tendo en conta as restricións recollidas no decreto do Estado de Alarma e conforme ás indicacións que establece a Lei de Protección de Seguridade Cidadá e que, dende Medio Ambiente, se solicita se continúen a respectar seguindo as novas pautas implementadas polo executivo estatal.
Mai 03, 2020 - 11:04 AM
Cuando van a repartir las mascarillas en el medio rural del concello de Lugo?