A área de Xuventude que dirixe Ana González Abelleira, convoca un certame de monólogos para a mocidade que pretende animar á poboación xuvenil a aproveitar as horas na casa realizando actividades que lles gusten ao tempo que desenvolven dotes artísticas. “O obxectivo é promover, entre os mozos e mozas, a creatividade, imaxinación e novos quefaceres neste período de confinamento ao que a cidadanía nos vimos abocados tras a declaración do Estado de Alarma como medida de loita contra a expansión do COVID-19”, declarou a edil, que anima á participación.
O certame está aberto a mozas e mozos de 14 a 35 anos empadroados en Lugo, que estuden ou traballen no municipio. Cada participante debera presentar un único traballo de 4 a 10 minutos de duración. “Os textos deben ser orixinais e inéditos, sen restricións en canto a temas pero excluiranse aqueles traballos que inciten ao consumo de drogas ou teñan connotacións sexistas, xenófobas, racistas ou de índole ofensiva”, destacou a concelleira.
Os monólogos deberán subirse a www.youtube.com co nome “Concurso de monólogos no confinamento Casa da Xuventude Concello de Lugo + titulo da obra”, e deberá levar incorporado o logotipo da Concellería de Muller, Igualdade e Xuventude.
“O enlace dos monólogos, compartirase nas redes sociais da Casa da Xuventude e deben enviarse antes das 21:00 horas do domingo, 10 de maio, ao enderezo electrónico: xuventude@lugo.gal”, sinalou Ana González ao tempo que concluíu que este certame súmase ao concurso de curtas, que mantén o prazo de presentación de traballos ata a mesma data.
O correo electrónico deberá levar un arquivo adxunto no que deberá figurar nome, apelidos, idade, teléfono de contacto, dirección postal, centro no que está matriculado,