Cinco casos activos menos na Área de Lugo nas últimas 24 horas

O número de casos activos por coronavirus segue baixando en Lugo e provincia. Nas últimas 24 horas hai cinco persoas menos nas estatísticas da Consellería de Sanidade da Xunta. Isto quere dicir que o confinamento está a dar os seus froitos, polo que seguir atendendo ás indicacións das autoridades debe ser o caderno de bitácora para chegar a esa nova realidade que xa comezamos a albiscar. Que será coa  que nos toque vivir ata que os científicos descubran unha vacina ou dean cun remedio que cure a Covid.19.

A Dirección Xeral de Saúde Pública informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.187, deles 771 son da área da Coruña, 222 da de Lugo, 613 da de Ourense, 186 da de Pontevedra, 773 da área de Vigo, 475 da de Santiago, e 147 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 36 permanecen en UCI, 255 están en unidades de hospitalización e 2.896 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.075 persoas curadas, rexistrándose 563 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 103.116.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Mai 03, 2020 - 12:30 PM

    ahhhhh, mira ti, o confinamento (do Psoe/U.Podemos) está a dar resultados, se fose polo trifachito, hai mais de un mes, as tendas, bares, ceminterios e crematorios, estarían a tope de xente

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com