Baixa significativamente o número de casos activos por coronavirus en Lugo e provincia. Nas últimas 24 horas hai corenta e catro persoas menos nas estatísticas da Consellería de Sanidade da Xunta.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.819, deles 669 son da área da Coruña, 179 da de Lugo, 541 da de Ourense, 155 da de Pontevedra, 696 da área de Vigo, 451 da de Santiago, e 128 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 37 permanecen en UCI, 226 están en unidades de hospitalización e 2.556 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.561 persoas curadas, rexistrándose 573 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 106.081.