3 casos activos menos por Coronavirus na área de Lugo

Na últimas 24 horas volveu a descender o número de casos activos na área de Lugo. Se no día de onte informábamos de que houbera un lixeiro repunte con 4 casos activos máis, hoxe descendeu en tres o número de casos, o que sitúa a provincia de Lugo nun total de 167 casos activos por Covid-19.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.727, deles 655 son da área da Coruña, 167 da de Lugo, 432 da de Ourense, 142 da de Pontevedra, 743 da área de Vigo, 470 da de Santiago, e 118 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 26 permanecen en UCI, 196 están en unidades de hospitalización e 2.505 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.138 persoas curadas, rexistrándose 588 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 111.600.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com