A partir do luns 11 de maio poderán tramitarse os permisos de queimas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte unha resolución da Consellería do Medio Rural pola que se levanta, a partires do vindeiro luns, día 11 de maio, a suspensión de realizar queimas nos terreos rústicos
decretada desde o pasado 16 de marzo.
Así, a partir deste próximo luns xa se poderán realizar de novo as comunicacións de queimas en terreos agrícolas e solicitar as autorizacións para terreos forestais, uns trámites que permanecían ata o de agora en suspenso a causa da emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus.
A Xunta tomou esta decisión tendo en conta a propia extensión da duración temporal do estado da alarma, os datos de evolución positiva da emerxencia sanitaria e as últimas medidas adoptadas polo Goberno central. Tamén se contemplou a incorporación de persoal de reforzo para actuacións de prevención e extinción de incendios por un período de 6 meses, a partir do vindeiro 11 de maio, xunto coa próxima incorporación ao servizo activo dos axentes forestais e persoal técnico de distritos, feitos que permiten retomar as
actuacións de queimas en terreos rústicos.
Para iniciar a tramitación e en tanto non estean abertas ao público as oficinas dos distritos ou servizos de prevención de defensa de incendios, os interesados poderán utilizar dúas vías, ou ben chamar ao teléfono 012 ou ben empregar a vía telemática dende o enderezo web https://queimasweb.xunta.gal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com