Obras no carril bici do Paseo do Rato obrigan a cortar tramos da zona peonil

As obras de acondicionamento dun carril bici no Paseo do Rato que acomete a Deputación de Lugo obrigarán a cortar tramos da zona peonil dende mañá martes e durante quince días, isto é, ata finais deste mes, uns cortes que estarán perfectamente sinalizados. Esta medida é necesaria debido á fase na que se atopa a obra, a colocación dos bordillos.

A empresa adxudicataria retomou os traballos hai uns dez días tras quedar suspendidos a mediados de xaneiro polas condicións meteorolóxicas. Previsiblemente o proxecto estará finalizado a principios deste verán, pois, tras a colocación
dos bordillos, procederase á extensión da terra vexetal e o formigón. Esta fase da obra estará rematada previsiblemente a finais deste mes e, tras a pavimentación, pintarase o eixe do carril bici mediante unha marca viaria reflexiva e situarase a correspondente sinalización vertical.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com