A Consellería de Cultura e Turismo presentará o Plan de Reactivación do Sector Turístico Galego fronte ao Coronavirus aos profesionais lucenses do ramo nunha xornada vía web que se desenvolverá o vindeiro mércores a partir das 12.00
horas.
Contará coa participación de José Manuel Balseiro, delegado territorial da Xunta en Lugo; Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería da provincia de Lugo (APEHL); Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, e Juan Cividanes, director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)
Balseiro explica que o obxectivo é que os profesionais do sector poidan coñecer de primeira man as principais medidas de choque, e resolver as dúbidas ou consultas que estas poidan xerar. Por iso, considera fundamental “lograr a participación de todos” e invita aos interesados a unirse a esta conferencia vía web, que se desenvolverá a través da plataforma institucional para videoconferencias da Xunta en Cisco Webex , onde poden realizar a súa inscrición e unirse ao evento.