Rubén Arroxo visita o Mercado da Terra para reivindicar o consumo responsable

O candidato, Rubén Arroxo, visitou esta tarde o Mercado da Terra acompañado de compoñentes da candidatura do BNG – Asambleas Abertas. Arroxo sinalou que “nesta semana demostramos, unha vez máis, o noso compromiso co consumo responsable de produtos do pais” e explicou que “ademais da calidade e das cualidades organolépticas que posuen, os produtos da horta son unha interesante aportación ás economías familiares”.

Arroxo afirmou que “hoxe participamos publicamente nunha compra responsable e o sábado abriremos o primeiro horto urbán público en Lugo” e engadiu que “Lugo non conta con hortos urbáns municipais pola cabezonería de Orozco, por non querer desenvolver as propostas do BNG”. “A dos hortos urbáns é unha proposta de fácil execución e que non precisa dunha alta inversión, hai espazos suficientes para implantar os hortos e a xente é moi receptiva a este tipo de iniciativas como xa se ten demostrado”.

“Nesta compra simbólica e efectiva” como a cualificou Rubén Arroxo “aproveitamos para convidar a todos os produtores e xente interesada en participar no acto de ocupación de terras públicas deste sábado porque entendemos que debe ser unha acción colectiva”. Arroxo sinalou que “estamos seguros que, co acto do sábado, quedarán implantados definitivamente os hortos urbáns públicos nesta cidade”.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com