Nova baixada do número de casos activos pola Covid-19 na Área de Lugo

Un día máis segue a baixada de infectados por coronavirus en Lugo. Nas últimas 24 horas contabilizanse 7 casos menos, o que sitúa a área de Lugo en 117 casos activos por coronavirus.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.074, 105 menos que no día de onte. Deles 516 son da área da Coruña, 117 da de Lugo, 321 da de Ourense, 108 da de Pontevedra, 512 da área de Vigo, 424 da de Santiago, e 76 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 21 permanecen en UCI, 123 están en unidades de hospitalización e 1.930 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 8.157 persoas curadas, rexistrándose 601 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 120.424

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com