A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo, procedía hoxe a iniciar o acondicionamento da Volta da Viña, dentro do programa de roza anual municipal.“Os traballos consistiron na retirada da maleza da ladeira e tamén na limpeza da terra acumulada pola escorrentía nas canaletas da beiravía”, explicou o edil Álvaro Santos.
A actuación enmárcase dentro da programación anual de roza do Concello para manter limpos os distintos barrios de maneira que, tras esta intervención, quedará concluída a contorna da Aceña de Olga e o operativo pasará, en vindeiros días, polas zonas de Au- gas Férreas, Avenida de Madrid, Albeiros, Castiñeiro e Casás, Sagrado Corazón, Galegos e Castelo.
Un mantemento que se leva a cabo de luns a sábado e no que ademais do labor programado se atende ás demandas que a veciñanza canaliza a través do servizo de Medio Ambiente.
Mai 15, 2020 - 09:55 AM
Esto parece como lo de las mascarillas, por aquí no se ha rozado nada.