O Concello subsana o saneamento da rúa Paxariños

A concellería de Medio Ambiente subsanou esta semana o saneamento da rúa Paxariños corrixindo así o afundimento que, durante moito tempo, sufriu a calzada neste punto de San Roque.
A intervención comezaba esta semana logo de que, ademais dos danos no firme, se detectase o rumor dunha pequena corrente continua de auga que discorría a través da grella do sumidoiro. “Tras comprobar o estado no que se atopaba a rede de abastecemento e que a brigada de aguas descartase a existencia nela dalgunha avaría, a coincidencia da súa localización coa traza do colector de saneamento fíxonos tomar a decisión de que resultaba oportuno abrir unha calicata para localizar a existencia dalgunha rotura, a
pesar de que non se apreciaba cheiro a fecais na zona”, explicou Álvaro Santos.

O edil responsable de área relata que “unha vez realizada a demolición do firme, apreciouse a existencia dun canal de pedra, pertecente ao saneamento, que se atopaba lixeiramente desprazado e que estaba a filtrar auga ao terreo sendo esta a causa, problamente, do asentamento da chaira e dos danos na vía”. O resto do operativo consistiu na apertura dunha gabia e na colocación dunha tubaxe
de PVC na traza que leva o seu percorrido pola beirarrúa e un tramo da estrada así como a execución dun pozo de rexistro no cambio de dirección da rede. Así mesmo, realizouse a limpeza do tramo de canal augas arriba que quedou en bo estado de funcionamento e, nestes intres, o único que resta é repoñer a pavimentación estando previsto o remate destas tarefas entre a xornada de hoxe e o vindeiro luns”, concluíu Santos Ramos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com